
Os romanos campan as suas anchas no Arde Lucus pero as veces vense superados polas Guerrillas dos Castrexos
Pois tras unha boa preparación, física e mental, e de personalización, arrincamos a golpe de fin de semana para Lugo. Ou melor dito, para Lucus Augusti, pois o destino está uns cantos séculos atrás. Non é das festas máis lonxevas de Galicia, pero esta leva gañándose un posto entre as máis impresionantes dada a gran participación do pobo lucense.
O Arde Lucus MMXIII cumpría 10 anos, e faise espectacular ver a vila completamente engalanada. Que mellor marco que a muralla lucense para unha festa así.
A verdade é que con pasear, e disfrutar do ambiente botando piques cos contrarios que te atopes, basta. Pero claro, é unha desas festas onde é obrigatorio ir caracterizado, e precisamente a implicación dos veciños, personalizándose tremendamente, fai a festa merecedora do título de Interese Turístico Nacional. Así que teñan listos os escudos se van de romanos, ou as lanzas se van de castrexos, e prepárense para a guerra.
O caso é que parece que os romanos son máis en número, facendo prever que pasará na historia real. Pero claro, sempre é máis fácil atusarse nunha sábana branca que preparar un traxe de pel de cordeiro, e coido que por iso os romanos son máis en número… Simpático en todo caso ollar como comezan a fin de semana os loureiros que levan os romanos de máis alto rango, e como cando entra a noite van decaendo, dando un salto no tempo e representando xa case a caída do Imperio.
Completísima é a programación nos 3 días do Arde Lucus, polo que se non levas programa seguro que te atopas con unha procesión de romanos en formación, unha actuación circense, un debate do Senado, ou unha familia castrexa en plena cacería. Impresionante o despliegue que fan parte dos organizadores na Praza Maior, cun espectacular museo ao aire libre, cunha fortaleza, e unhas tremenas estruturas, tales como unha torre, un muíño de vento ou unha catapulta.

Simpática sesión do Senado no Arde Lucus no que os senadores deixaron nas mans das mulleres con barba a negociación de paz cos castrexos
Botamos de menos non ter reservado praza no Circo Romano, pero é que hai que estar moi rápido, que as entradas voan. Para o ano non faltamos!!

Faltounos ir ao Circo Romano do Arde Lucus, pero así xa temos excusa para o ano que vén-Foto- Arde Lucus
Máis novas
O post Viaxando no tempo no Arde Lucus aparece de primeiro en Equipaxe de Man.